Estamos rediseñando a web (acabamos de empezar, paciencia). Para acceder o contido anterior prema eiquí

Publicado

Despois de analizar as diferentes comunicacións sobre o caso do menor asturiano adoptado en Valencia, cheas de imprecisións nos datos e termos utilizados ó que está a convertilo nun “circo” mediático, soamente nos queda enviarvos a sentencia xudicial e o comunicado posterior do Tribunal Superior de Justicia de Asturias, sempre ca idea de que a información que ofrecemos sexa o máis verídica posible.

Publicado

O SÁBADO 17 DE SETEMBRO ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio PAIS E NAIS ADOPTIVOS, CON CAPACIDADES E NECESIDADES ESPECIAIS. A crianza como unha realidade expectante., a cargo de Ana María Sieiro Moral, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2).

  • É necesario que exista un programa de adopcións especiais?
  • Por qué ten que haber listas diferentes segundo as necesidades dos nenos ou nenas?
  • Que capacidades especiais teñen que ter as familias que queren adoptar nenos ou nenas con dificultades de saúde, conducta, trauma…?
  • Cándo se considera que un neno ou unha nena vai ter máis dificultades para atopar unha familia adoptiva e pasa a esa segunda lista de adopción especial?.
  • Existe aínda a idea de que estas adopcións son máis doadas, máis rápidas?
  • Son todas as adopcións en Galicia susceptibles de seren consideradas “especiais”, en canto a que son frecuentes as adopcións de nenos e nenas maiores, grupos de irmáns, con moito trauma acumulado, etc?
  • E por outro lado, como diferenciar entre o diagnóstico e o pronóstico?.

Facéndonos estas e outras preguntas, e tentando buscarlles respostas, reflexionaremos xuntos sobre a situación de adopción en Galicia hoxe en día.

Entrada de balde

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

ANA MARÍA SIEIRO MORAL

Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar.

Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia.

Foi colaboradora, como psicóloga, no programa de adopcións especiais da Fundación FAIBEN e é docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.

PARA SOCIOS

Ao remate da charla en Pontevedra, como ven sendo habitual, faremos un Xantar/Picnic no Colexio de Águeda, CEIP Manuel Vidal Portela (lembrade que alí temos aparcadoiro) onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar.

Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con Ana María Sieiro coma moderadora para axudarnos a reflexionar e atopar solucións.

Coma sempre tódolos socios poderán convidar a quen queira coñecernos…

Publicado

Prezadas familias socias,

Temos a honra de convocarvos para a actividade de celebración do X ANIVERSARIO DE MANAIA que terá lugar os días 4 e 5 de xuño de 2016 en Nigrán.

A nosa idea e celebralo de xeito familiar e co menor custe posible para que os cartos non sexan un impedimento para ninguén. É por iso que decidimos organizalo na Casa parroquial de Vilariño, en Nigrán, cedida á asociación de xeito gratuito, como se dun campamento se tratara. Durmiremos repartíndonos polos diferentes espazos e faremos entre todas e todos as diferentes tarefas precisas para o bo desenvolvemento da actividade (cociña, limpeza, ludoteca…).

Da cesta da compra farase cargo MANAIA, polo que será unha actividade de balde para tódalas familias socias.

PROGRAMACIÓN:

Sábado 4

  • 11:00 a 14:00.- Recepción de participantes e reparto de tarefas
  • 14:00 a 16:00.- Xantar
  • 16:00 a 18:00.- Actividades
  • 18:00 a 18:30.- Merenda
  • 18:30 a 21.00.- Actividades
  • 21:00 a 23:00.- Cea
  • 23:00 a………..- O que xurda…

Domingo 5

  • 09:00 a 10:00.- Almorzo
  • 10:00 a 12:00.- Actividades
  • 12:00 a 12:30.- Merenda
  • 12:30 a 14:00.- ACTO OFICIAL X ANIVERSARIO cunha actuación sorpresa.
  • 14:00 a 16:00.- Xantar
  • 16:00 a 19:00.- Actividades e batallóns de limpeza
  • 19:00 a 20:00.- Despedida

As familias socias poderán incorporarse o longo de toda a actividade, en breve pasaremos un documento para inscribirse e facilitar así a intendencia.

Cada familia terá que levar: sacos de durmir ou sabas, toallas, enseres de hixiene persoal e moitas gañas de pasalo ben.

LUGAR: Casa parroquial de Vilariño
Rúa Padres Franciscanos, 46 36370 Nigrán, Pontevedra, España (o lado da Ramallosa)
Coordenadas: 42.119611, -8.793012

A casa conta con varios cuartos, comedor, cociña industrial, baños e duchas, pequeno auditorio, e espazos o aire libre.

FAMILIAS MANAIAS ESPERÁMOSVOS A TODAS!!!!!

A Xunta Directiva

Publicado

Nas asociacións pertencentes a CORA levamos tempo recibindo queixas de familias que teñen aberto un proceso de adopción en Etiopía. Varios Organismos Acreditados (ECAIS) están solicitando ás familias cantidades entre 7000€ e 13000€ para continuar cos seus procesos en devandito país. Estas cantidades non están estipuladas nos seus contratos e nalgún caso inténtanse xustificar como “mantemento do menor”.

Desde hai tempo vimos denunciando as irregularidades en Etiopía, pero neste caso a irregularidade dáse aquí en España. Os Organismos Acreditados, en tanto que son entidades acreditadas polas autoridades competentes, están obrigados a respectar as tarifas aprobadas por estas últimas. Non é admisible xa que logo que esixan ás familias pagos adicionais que non estaban contemplados nos contratos que no seu día foron asinados.

A Conferencia de Haya, a través da publicación “Acreditación e organismos acreditados para a adopción: Principios xerais e Guía de Boas Prácticas Nº 2”, publicada en 2013, indica que “é necesario distinguir estes pagos dos custos da adopción”, que en España deben ser expresamente aprobados pola autoridade que acredita ás Ecais (as administracións de cada Comunidade Autónoma).

Nas suas páxs. 92-93, a guía sinala:

“As contribucións esixidas polo organismo acreditado aos futuros pais adoptivos (…) poden ser para determinadas institucións (por ex., para os custos de coidado do neno), ou para proxectos de cooperación do organismo acreditado no Estado de orixe. (…) O pago non constitúe necesariamente unha obrigación legal, e os organismos acreditados poden presentar a petición en términos de “contribución encarecidamente recomendada”.

Pero na práctica é “obligatoria” para os futuros pais adoptivos na medida que a súa solicitude non será tratada si non se fai o pago.

A guía desalienta estes “pagos directos ás institucións debido aos posibles dilemas éticos vinculados cos mesmos” (px. 93) e sinala que

“Durante o procedemento de adopción non se deberían solicitar donaciones nin aos organismos acreditados, nin aos futuros pais adoptivos. Deste xeito, evítase que as donaciones inflúan na asignación dos nenos. Desafortunadamente, ás veces, estas “donacións” son esixidas nunha etapa avanzada do procedemento de adopción por unha persoa na institución ou por un funcionario, e os donantes poden sentir que deben pagar para que o seu adopción avance. Esta práctica é moi pouco ética e debería ser ilícita”. (px. 94)

Aínda cando Etiopía non ratificou o Convenio de Haya sobre adopción internacional, cuxos principios están pensados para garantir que as adopciones se realizan no interese superior dos nenos, España, como país firmante e comprometido na loita contra o tráfico de nenos, non debería admitir nas tramitaciones prácticas que poñen en perigo a lexitimidade e transparencia dos procesos de adopción.

Estes feitos irregulares veñen confirmar as sospeitas que se veñen detectando desde hai anos sobre a legalidade dos procedementos de adopción en Etiopía, e que, ao noso entender, aconsellan pechar a tramitación de adopciones neste país en tanto non se acredite a existencia das garantías necesarias.

Desde a Federación CORA e desde todas as asociacións que a conforman, queremos expresar o noso apoio a todas as familias que se están atopando con estas solicitudes de diñeiro. Tamén queremos pedirlles que o poñan en coñecemento das súas administracións e que esixan a estas que fagan o necesario para que se erradiquen estas malas prácticas.

Así mesmo, recomendámoslles que as denuncien tamén ante a Oficina Legal Principal da Conferencia de Haya, coa que poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico, lmm@hcch.net ou ben secretariat@hcch.net

Martes 15, de marzo de 2016

Publicado

Ola a todas e todos,

Dende a Comisión de Educación e Escola de CORA está a iniciarse un traballo sobre situacións racistas ou discriminatorias na escola e para eso necesítase partir das realidades que se dan nas diferentes Asociacións.

Para abordar o traballo preparouse un formulario que xa está sendo divulgado. Neste documento pretendese recoller a información daquelas situacións que viviran os nosos fillos e fillas. Os datos recollidos serán tratados de xeito confidencial.

Solicitamos pois a vosa colaboración cubrindo on-line o seguinte formulario ,
e dándolle a máxima difusión posible.

Moitas grazas pola vosa axuda

Equipa de Educación de MANAIA

← Anteriores Posteriores →